Privacidade
Como tratan os teus datos a app e a web de Maritimum.
Quen é responsable
Kaleidoscop Reality é o responsable do tratamento dos datos da app e a web de Maritimum.
Para calquera consulta sobre os teus datos, ou para exercer os teus dereitos, escribe a contact@kaleidoscop.net.
A app
- Os teus favoritos e axustes gárdanse só no teu dispositivo. Non hai contas de usuario.
- Se o permites, a app envía a túa localización ao noso servidor para atopar as praias máis próximas. Só se usa para responder a esa petición: non se garda na nosa base de datos nin se comparte. Como calquera petición, aparece brevemente nos rexistros do provedor do noso servidor (ver máis abaixo).
- Nos iPhone con Apple Intelligence, o breve resumo da páxina dunha praia escríbeo no teu dispositivo o modelo de Apple a partir da previsión que se mostra. Non se envía nada a ningures para escribilo.
- Siri, Atallos e Spotlight obteñen da app, no teu dispositivo, os nomes e o estado das praias. O que lle pides a Siri trátao Apple segundo a súa propia política de privacidade.
- Contamos totais diarios anónimos (cantas veces se consulta cada praia, se actualiza un widget, se fai unha busca ou se vota unha idea en «Que deberiamos facer agora?», por plataforma e idioma) para mellorar a app. Estes recontos non conteñen ningún identificador, enderezo IP nin texto de busca.
- A app non mostra publicidade nin te segue noutras apps ou webs.
A web
- A web non usa cookies nin carga rastrexadores nin publicidade de terceiros. Conta as visitas de páxina da mesma forma anónima que a app.
- Como calquera servidor web, o noso rexistra cada petición (enderezo IP, páxina e navegador) nos seus rexistros de acceso, para manter a web segura e corrixir erros. Estes rexistros bórranse aos 30 días.
Para que e con que base legal
- Para mostrar previsións e praias próximas, e para manter o servizo seguro e en funcionamento. A base legal é o noso interese lexítimo en ofrecer un servizo de información público e gratuíto (artigo 6.1.f do RXPD).
- A túa localización só se usa se o permites (o teu consentimento, artigo 6.1.a do RXPD). Podes retiralo en calquera momento nos axustes do dispositivo, e a app segue funcionando sen ela.
- Os recontos anónimos non permiten identificar a ninguén, así que non son datos persoais.
Quen máis trata datos
- Supabase executa o noso servidor en Amazon Web Services en Irlanda (UE) e trata as peticións no noso nome cun contrato de encargo de tratamento. Os seus rexistros de peticións, que inclúen o enderezo IP e a petición, bórranse aos 7 días como máximo. Supabase é unha empresa dos Estados Unidos: calquera transferencia de datos fóra da UE está cuberta polas cláusulas contractuais tipo da Comisión Europea.
- Apple distribúe a app na App Store e proporciona o mapa, Siri e Apple Intelligence, segundo a súa propia política de privacidade.
- Non vendemos nin cedemos os teus datos a ninguén máis, nin os usamos para publicidade nin para elaborar perfís. Non se toma ningunha decisión automatizada sobre ti.
Os teus dereitos
- Podes solicitar o acceso aos teus datos, a súa rectificación ou supresión, a limitación do seu tratamento ou opoñerte a el, e a súa portabilidade, escribindo ao enderezo de arriba. Como non temos contas de usuario, pode que necesitemos saber cando usaches o servizo para atopar datos teus.
- Se cres que non tratamos ben os teus datos, podes presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).